Se vostede é un candidato nas eleccións xerais do 2015 en España, pode usar esta páxina para mostrar o seu compromiso co Software Libre e os seus beneficios para o estado, a economía e a xente de España. Para facer isto, pode descargar o noso formulario de firma e enviarnos a súa confirmación.
Pacto da liberdade
Considerando que:
- Nunha sociedade onde a maioría de interaccións descansan sobre tecnoloxías dixitais, é o Software Libre – que calquera pode usar, estudar, compartir e mellorar – o que permite a participación política, económica e cultural de todo o mundo.
- O uso de formatos de datos de estándares abertos é crítico para lograr a interoperabilidade entre os diferentes sistemas IT, e xunto co Software Libre, son esenciais para os organismos públicos se liberar do aprisionamento tecnolóxico e actuar autónomamente.
- O Software Libre axuda ao crecemento da economía IT española e crea emprego doméstico permitindo ás PEMES competir a nivel local e rexional cos monopolios estranxeiros de software existentes.
- O Software Libre é esencial para que os organismos públicos actúen de xeito autónomo, colaboren globalmente e incrementen a riqueza localmente.
Eu prometo
- promover o uso do Software Libre en todas as áreas da vida pública, a administración pública e a educación pública
- promover a lexislación para converter ao Software Libre na primeira opción na adquisición pública
- promover políticas en favor do Software Libre e opoñerse a políticas que o discriminen
- garantir por requirimento legal que todo o software desenvolvido con fondos públicos se libere como Software Libre, de forma que o público e outras administracións poidan beneficiarse del
- promover o maior uso posible de Estándares Abertos no sector público, así como a publicación e arquivo de todos os datos e documentos públicos en formatos baseados en Estándares Abertos