Na era dixital, onde a tecnoloxía e o software cumpren un cada vez máis importante rol na sociedade, a política e a economía, as catro liberdades do Software Libre son máis relevantes que nunca: A liberdade para usar o software sen restricións innecesarias, para estudar como funciona o software, para ser capaz de compartilo con quenquera que desexe, e a liberdade para mellorar o software para adecualo aos nosos desexos. Xuntas, estas liberdades ofrecen acceso, participación e autodeterminación para todos. Nunha escala maior, para o estado de España, estas liberdades proporcionan unha contorna para que as administracións públicas logren unha maior autonomía dixital, alenten o crecemento da economía local e o potencial para transformar a España nun autor intelectual do proceso europeo de dixitalización.
O Software Libre é unha ferramenta poderosa. Lea como podemos beneficiarnos do Software Libre para …
… fortalecer a nosa sociedade
Liberando tecnoloxía como Software Libre garante o dereito de todos para usar e compartir o software co teu veciño, o teu colega ou con calquera. Cada persoa ou familia, cada institución, organización ou empresa, pode beneficiarse da mesma tecnoloxía avanzada sen exclusión e sen custos. Desde sistemas operativos a aplicacións especializadas, a xente benefíciase do acceso aberto á tecnoloxía.
Cando o estado crea e publica unha aplicación, plataforma ou servizo de Software Libre, tamén proporciona unha forma de devolver ao público o que o público pagou indirectamente. Esta é a razón pola cal debería ser obrigatorio publicar como Software Libre o software financiado con fondos públicos.
… incrementa a nosa autonomía
O mundo do Software Libre é diferente. O Software Libre é interoperable, os seus datos son exportables e o seu código fonte é público. Iso reduce a oportunidade de formar monopolios. O usuario e finalmente o estado gañan autonomía mediante a eliminación de monopolios tecnolóxicos e as dependencias asociadas en favor da nosa crítica infraestrutura de comunicación e tecnoloxía.
Dada a interoperabilidade do Software Libre, o estado é libre para cambiar subministradores e provedores de servicios no canto de estar atado a un cliente nunha solución pechada dun vendedor. Un organismo público pode mesmo desenvolver software por si propio e, unha vez desenvolvido, publicalo como Software Libre para compartilo con outras institucións públicas. Unha licenza libre garante que exactamente o mesmo software está dispoñible para calquera outra institución pública sen pagos de licenzas ou dependencia de ningún vendedor. Desta forma, o Software Libre ofrece ao estado o poder de investir unha vez pero beneficiarse incontables veces.
O Software Libre ofrece transparencia mediante o seu código fonte público. A transparencia do código fonte axuda aos seus colaboradores a manter o código limpo. Non hai forma de introducir código “secreto” dentro do software. A transparencia axuda á seguridade do software e evita fallos non desexados. Só o Software Libre pode ofrecer semellante nivel de seguridade e autonomía ao mesmo tempo.
… desenvolve a nosa economía
Cada vez que o estado compra unha solución non libre, con maior probabilidade o diñeiro págase a monopolios globais de software estranxeiros. O Software Libre, con todo, ofrécelle a España novas avenidas económicas porque o diñeiro pode investirse pola contra na propia economía IT nacional. A interoperabilidade do Software Libre proporciona liberdade ao estado para cambiar de subministradores e provedores de servizo segundo o seu desexo. Non hai necesidade dun contrato especial cun subministrador concreto dun país determinado.
Como todo o mundo pode acceder ao código fonte e é libre para usar e mellorar o software, o estado español é libre para contratar persoas ou empresas de servizos locais para adaptar o software existente ás súas necesidades específicas. Inmediatamente, as administracións públicas poden ofrecer traballo aos españois para localizar, manter, desenvolver e traballar no seu propio sistema operativo libre e interoperable, incluíndo as aplicacións que necesiten. Desta forma, o Software Libre ofrece a posibilidade de crear emprego nacional en lugar de pagar a empresas foráneas.
O Software Libre apoia unha economía descentralizada que permite a distribución de riqueza a nivel local e dá emprego directamente á xente da España. O uso e desenvolvemento de Software Libre ofrece a España unha saída da crise, e unha oportunidade de estar á fronte da sociedade do coñecemento e a información europea.
Iso é o porqué
Pedimos ao actual e futuro goberno de España confiar na flexibilidade, autonomía, liberdade, riqueza e transparencia que o Software Libre ofrece. E migrar todos os sistemas estatais ao Software Libre, incluíndo a administración pública e a educación.
Cun claro compromiso do goberno español para usar e desenvolver Software Libre, o estado español pode
- manter e desenvolver sistemas IT estatais de xeito autónomo á marxe de empresas estranxeiras, contratando no seu lugar empresas e persoas españolas locais que crean, manteñen e adaptan software novo ou existente para as súas propias necesidades
- publicar e compartir o software, de forma que todas as institucións públicas e a xente de España poden obter os beneficios do Software Libre
- executar software seguro e transparente, en lugar de confiar en software non revelado de empresas estranxeiras
- adaptar e descentralizar software para os diversos idiomas de España e as necesidades específicas das comunidades autónomas españolas
Debería ser obrigatorio que todo desenvolvemento de software, plataformas e outros recursos dixitais dun organismo público realizado con diñeiro público fose publicado como Software Libre.